Visita xogadoras do PM Friol

O 8 de marzo celebrouse o Día da Muller; por este motivo, o venres día 6 en horario de 12.30h a 13.30h visitaron o colexio algunhas das xogadoras do PM Friol, equipo que milita na Segunda División Nacional do fútbol español.

As alumnas e alumnos de 3 a 6 de EP tiveron unha actividade con elas no salón de actos; as xogadoras contaron en primeira persoa a súa experiencia dentro do mundo do fútbol, un mundo no que ata fai pouco a presenza feminina era minoría e, no que na actualidade, segue a haber unha evidente diferenza nas condicións sociais e salarias das xogadoras.

Ao rematar a charla, as nenas e nenos de 6 de EP xogaron ao fútbol coas xogadoras no patio.