Misión
- Unha educación de inspiración cristiana, católica e franciscana aberta a todos cantos desexencompartir esta visión do home e do mundo.
- Unha educación integral ao servicio do alumno para desenvolver a súa dignidade como persoas, a súa dimensión social e trascendente, a súa liberdade e autonomía e a súa capacidade para ser protagonistas da súa propia vida e aprendizaxe.
- Unha pedagoxía:
– harmónica, que cultiva tódolos compoñentes da personalidade humana, adaptándose gradualmente ao desenvolvemento evolutivo.
– personalizada, dinámica, creativa e participativa, que busca un equilibrio entre o teórico, o manual e o técnico.
– lúdica, que orienta ao alumno para o ocio e o seu aproveitamento, resaltando a cultura e o deporte.
– gratificante, que fai que o alumno se sinta feliz no seu traballo, nas súas relacións cos profesores e compañeiros e en tódalas actividades que constitúen a vida do Colexio.
– que favorece a atención á diversidade.
- Xornada única, servicio de comedor e amplia programación de actividades complementarias e extraescolares (relixiosas, lúdico-deportivas e culturais) encamiñadas ao desenvolvemento integral dos alumnos e alumnas como vehículo de socialización que fomenta a integración, amizade, compañeirismo e hábitos de vida sana.
- Un equipo de profesionais docentes e non docentes, motivado e comprometido coa mellora da práctica educativa a través da formación continua e a incorporación de novas tecnoloxías á educación.
- Unha dirección comprometida co cumprimiento dos requisitos legais e regramentarios aplicables.
Visión
Nun prazo de dous ou tres anos gustaríanos :
- Manter un eficiente Sistema de Xestión de Calidade para satisfacer as necesidades de alumnos, pais, persoal docente e de servicios procurando unha mellora continua.
- Emplear unha metodoloxía innovadora que permita aos nosos alumnos alcanzar as competencias intelectuais e humanas.
- Orientar aos nosos alumnos para que afronten con éxito o seu futuro académico ou profesional.
- Cultivar e potenciar a relación entre o centro e os antigos alumnos para que sigan participando do espíritu da comunidade educativa.
- Lograr unha maior implicación dos pais a través de un seguimiento constante dos seus fillos, dun trato cordial, persoal e cercano e da súa participación a través da AMPA e do Consello Escolar.
- Seguir consolidándonos como un centro educativo de referencia na cidade de Lugo.
- Facer da formación continua do profesorado un móbil da práctica docente.
- Seguir mellorando na coordinación docente.
Valores
- Transmitir o espíritu de San Francisco de Asís a través da verdade, a ledicia, a fraternidade, o respecto, o amor a toda criatura e á natureza enteira para ser « instrumento de paz » na sociedade actual.
- Fomentar o esforzo, a colaboración e o gusto polo traballo ben feito.
- Facer da educación unha vivencia enriquecedora e creativa, tanto no aspecto académico como no aspecto humano.
- Capacitar aos nosos alumnos para ser homes e mulleres autónomos, libres, responsables e con espíritu crítico.
- Vivir a solidaridade, a xustiza e o compromiso coa sociedade e coa familia.
- Facer do compañeirismo unha referencia da comunidade educativa.