Como Escola Franciscana queremos ser un signo de fraternidade propiciando o diálogo, a cooperación e a paz entre as persoas, sendo portadores da mensaxe de Paz e Ben que propugnaba San Francisco.
A escola é medio ideal para educar na convivencia e preparar ao alumnado para ser defensores e constructores da paz.
Con esta intención propoñémonos:
- Promover a acollida e integración de todos, evitando calquera marxinación.
- Favorecer o recoñecemento e a comprensión das diferenzas entre as persoas.
- Promocionar entre os membros da Comunidade o compromiso para facer da convivencia entre as persoas unha relación pacífica, fraterna e comunitaria.
- Favorecer a colaboración daqueles organismos, institucións, persoas que, loitan a favor da comprensión, a concordia e a paz e que a súa vez nos axudan na transmisións destes valores.
Así tódolos integrantes da Comunidade Educativa fomentamos á relación entre nós mesmos, coas demais escolas, coa comunidade sociocultural do entorno e con toda a comunidade humana, sen límites xeográficos, políticos ou económicos.
Polo tanto o Plan de Convivencia non é máis que unha concreción dos principios sinalados no noso Ideario.