A misión da nosa escola é “a Misión da Igrexa que ten como reto anunciar o Evanxeo como resposta aos interrogantes do ser humano en cada contexto cultural”.
- Promovemos a formación integral dos alumnos dacordo cunha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo.
- Impartimos unha ensinanza relixiosa e vida, axeitada ás orientacións da Igrexa.
- Propoñemos unha síntese de fé, cultura e vida, situando sempre no centro a persoa na súa integridade.
- Favorecemos no Colexio un ambiente de apertura á fé onde:
Os profesores mantemos un estilo de relación caracterizados polo respecto ao alumno, a cercanía e a disponibilidade.
Implicámonos na realización da reflexión-oración da mañá.
Propoñemos, respectando sempre a liberdade dos alumnos, actividades e experiencias que favorezan a apertura ao compromiso cristiano e á vivencia relixiosa.
Coidamos as accións catequéticas para aqueles que o desexan.
Axudamos a mirar máis alá da realidade para descubrir a trascendencia das accións.
O noso Centro implusa a vivencia da xustiza e da solidariedade. Por elo educamos na xustiza, asumindo as implicacións persoais que conleva:
- Valoramos o traballo do alumnado dacordo coas súas posibilidades e co seu esforzo persoal, fomentando a equidade entre todos.
- Provocamos a reflexión crítica sobre as realidades de inxustiza existentes na nosa sociedade, para que o alumno as descubra por sí mesmo e o leve ao compromiso.
- Fomentamos a sensibilidade para competir, como a primeira forma de ser solidario.
- Procuramos a solidariedade cos máis pobres e marxinados, coñecendo a súa realidade e participando en accións solidarias a favor da paz, a igualdade, a ecoloxía…
O centro ofrece un servizo de Iglexa aberto a todos .
- Promovemo a igualdade de oportunidades na admisión de alumnado, favorecendo a integración e ofertando programas de diversificación curricular e propoñendo acitividades escolares e extraescolares que favorezcan este aspecto.
- Admitimos o pluralismo ideolóxico como base de educación, para que o alumnado na construcción do seu proxecto vital integre de forma armónica as ideas, as creencias, os valores e os comportamentos.
- Fomentamos a presencia do Colexio no contorno:
-Integrándonos na zona, na parroquia…
-Permitindo a utilización das instalación para quen as demande.
Na nosa acción educativa procuramos unha educación integral e queremos favorecela integración da personalidade e a promoción de todas as facultades do alumno, adaptándose a súa idade, por iso propómonos levar a cabo:
- A reflexión e a autocrítica como proceso de aprendizaxe.
- Traballando a avaliación inicial, a revisión e a autoavaliación.
- Facilitando a análise de procedementos de traballo que favorezan un estudio personal.
- Reflexionando sobre os valores que destacan no carácter propio: fraternidade, solidariedade, liberdade, ser máis que ter, instrumentos de paz
2. A acción titorial.
- Elaborando anualmente o Plan Titorial.
- Realizando semanalmente a titoría grupal.
- Recibindo ás familias e levando a cabo a acción titorial individual.
3. O coñecemento e vivencia de valores.
- Realizando a reflexión da mañá para transmitir aos alumnos valores humanos básicos e sentido da responsabilidade.
- Amosando aos profesores coherencia entre os valores que queremos transmitir e o noso modo de actuar e vivir.
- Celebrando semanas, campañas solidarias, xornadas especiais, para propor a vivencia de valores que levan consigo.
- Personalizando os valores morais como metodoloxía educativa.
- Insistindo nos valores que destacan no Carácter Propio: fraternidade fronte o individualismo, vontade sobre a razón, predominio do amor sobre o egoismo, do ser sobre o ter, admiración e respecto por todo o creado fornte á destrucción e ser instrumentos de paz.
Na nosa acción educativa buscamos a formación de persoas libres con capacidade creativa e espírito crítico, mediante o uso dun recto espírito crítico ante feitos e situacións e a oferta de posibilidades de tomar opcións persoais na nosa forma de educar na liberdade e para a liberdade. Para elo:
- Favorecendo as iniciativas dos alumnos que contribuan ao desenvolvemento de coñecementos e melloras do proxecto educativo.
- Fomentando a liberdade respectuosa e a responsabilidade.
- Educando no espírito crítico para que sexan conscientes e responsables das súas ideas.
- Favorecendo as canles de participación mediante intercambio de
puntos de vista cos educadores sobre a marcha do grupo e da aula,
organización de grupos co obxectivo de canalizar opcións, propor
actividades, asumir responsabilidades, Consello Escolar, etc.2. Ensinamos e orientamos ao alumnado para ser crítico no seu entorno social e valorar a súa cultura.
- Creando un ambiente que ofreza a todos a posibilidade de exercer a cooperación e a solidariedade.
- Afondando no estudio do entorno social e orientar aos alumnos na lectura serea, obxectiva e crítica da realidade.
- Promovendo, asumindo e participando no desenvolvemento da singularidade da nosa cultura e a nosa lingua.
Colaborando activamente no cambio social e na defensa da dignidade humana, a xustiza e a paz.
3. Fomentamos o desenvolvemento da creatividade do alumnado, mediante:
- A realización de traballos persoais de investigación dentro da aula.
- Utilizando unha pedagoxía que fomente a creatividade do alumno.
- Suscitando e estimulando a actividade e propiciando o descubrimento de capacidades e destrezas no mundo da investigación, do arte e o uso creativo do tempo de lecer.
- Promovendo a participación en todo tipo de actividades creativas: literarias, musicais ou artísticas.
- Fomentando a iniciativa e espontaneidade do alumno.
- Apoiando a autonomía no traballo e a autoavaliación.
Na nosa tarefa educativa temos presente a avaliación de procesos de ensinanza. Para elo:
- Creamos equipos de traballo entre os profesores de áreas semellantes para revisar, avaliar e propor novos métodos e enfoques de ensinanza. Grupos de mellora.
- Favorecemos a avaliación cos alumnos dos métodos e programas que posibiliten a mellora cooperativa da aprendizaxe.
3. Promovemos a revisión periódica de programas, obxectivos e formas de ensinanza dentro dos Departamentos e Ciclos.
- Creando equipos de traballo que o leven a cabo.
- Favorecendo e impulsando os Equipos de Ciclo e Etapa e os Departamentos.
- Estando atentos á situación real de cada alumno para favorecer a atención á diversidade e ao reforzo educativo.
3. Potenciamos a formación continua do profesorado
- Ofertamos e facilitamos a asistencia a cursos de formación.
- Elaboramos plans de formación anuais.
- Favorecemos a investigación docente na aula e a realización de proxectos de innovación pedagóxica.
- Dotamos de medios técnicos ao Centro para a axuda educativa.
- Temos implantado un Plan de Xestión de Calidade para optimizar os nosos resultados educativos.