Unha educación integral ao servicio do alumnado para desenvolver a súa dignidade como persoas, a súa dimensión social e trascendente, a súa liberdade e autonomía e a súa capacidade para ser protagonistas da súa propia vida e aprendizaxe.
Estilo pedagóxico propio
Ofrecemos unha educación personalizada, con especial atención á diversidade. Aprendizaxe coopertativa a través da solidariedade e a cooperación, e fomentamos o desenvolvemento da conciencia crítica.
Valoramos o desenvolvemento das relacións interpersoais
Amosamos interese por incrementar a comunicación e implicar a todos os membros da comunidade educativa na Misión compartida . Coidamos as relacións profesor-alumno, sentíndonos abertos e cercanos. Favorecemos a disponibilidade para a atención ás familias, establecendo relacións de cercanía entre familia e escola.
Ofrecemos educación de inspiración cristiana
Fomentamos valores que forman toda unha concepción cristiana da persoa, da vida e do mundo. Propiciamos unha síntese entre fe, cultura e vida. Posibilitamos a celebración da fe e promovemos a educación da fe de aqueles que o desexan. Creamos un ambiente que propicia a testemuña e a acción evanxelizadora dos crentes.
Ofrecemos unha ensinanza de calidade
Coidamos a formación permanente e a actualización do profesorado. Participamos en experiencias pedagóxicas e en programas de innovación educativa. Favorecemos o uso dos medios técnicos na tarefa educativa, en especial as Tics.
A nosa historia:
Os franciscanos, máis de medio século ensinando en Lugo!
O colexio abriu as súas portas o 1 de setembro de 1969, despois dos correspondentes permisos das autoridades e do Bispado. O permiso inicial só era para un ano de ensino e trataríase dun colexio masculino de ensino primario. Con todo, o colexio dos Franciscanos chegou para quedar e nos cursos seguintes foi sumando unidades de Preescolar e da antiga EGB que darían paso, anos despois, á Educación Infantil, Primaria e ESO.
“O colexio xurdiu nunha época na que comezaban a crearse moitas escolas para ofrecer educación aos nenos do Baby Boom. O colexio dos Franciscanos foi ou último centro relixioso que se instalou en Lugo. Cando nós empezamos, xa funcionaban vos Maristas, para nenos tamén, e as Pepas, a Compañía de María e A Milagrosa, para meniñas”, afirma o director, Juan Manuel Buján García, e tamén o último frade que deu clase no centro, función que deixou aínda o curso pasado.
O colexio comezou sendo totalmente privado e de pago, aínda que -como noutros centros relixiosos- había unhas prazas tamén para nenos de familias desfavorecidas. En 1978, comezou a recibir subvencións do Estado e en 1985, axustouse ao réxime de concertos, como o resto dos colexios relixiosos.
Os Franciscanos chegaron a Lugo e levantaron o convento na actual Praza da Soidade, onde está agora o Museo Provincial
Outro cambio significativo foi a súa conversión en centro mixto, no curso 1984-1985. “As primeiras alumnas foron 8 entre 700 alumnos que tiñamos daquela en total. Eran meniñas que entraron en Educación Infantil e foi unha gran cousa que se convertise en mixto porque había irmáns que ían a distintos centros debido a esa segregación por xénero”, explica Juan Manuel Buján, que deu clase no centro, desde 1983, de Ciencias Sociais, Música e Inglés.
Aquel primeiro curso de 1969 comezou nos Franciscanos cun persoal de docentes formada por cinco frades e un seglar, o marido da administrativa do colexio, a estremeña Carolina Navas, que tamén foi a primeira muller nun colexio totalmente masculino.
Aos poucos, o colexio foi incorporando mulleres no seu persoal. Ao curso seguinte, chegou a primeira profesora, Manuela Isorna Santiago.
A comunidade dos Franciscanos era, naqueles anos, dunha ducia de frades. Hoxe en día, só quedan tres. Durante este tempo, a actividade dos frades estivo centrada no ensino, aínda que non deixaron nunca os seus outros labores como son a predicación, o culto e a atención á igrexa.