Visita do escritor de contos Toño Núñez

[vc_row][vc_column][vc_column_text]O pasado venres 13, o mestre, o poeta, o escritor de contos Toño Núñez, visitou aos nenos e as nenas de 4º de Primaria do noso colexio.

Estes  leron, previamente á visita “ O monstro dos Ancares” deste autor. Houbo sorpresas por ambas partes. O escritor deleitou aos rapaces e ás rapazas coa súa faceta cómica, máxica, cantareira e tremendamente imaxinativa e estes tamén sorprenderon a Toño Núñez con ilustracións inspiradas na súa obra, cunha presentación a través do ordenador.

Tamén houbo presentes por ambas partes: os nenos e as nenas agasallárono cun ramo de flores, ca portada do libro a modo de póster e con debuxos dos personaxes . O autor pola súa parte sorprendeu a cada neno e nena  cun pareado co seu nome. Grazas Toño por una mañá tan especial.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_gallery interval=”3″ images=”7301,7302″ img_size=”full”][/vc_column][/vc_row]