#unfogarpara…

Estes días, co gallo do día de San Antón, no colexio estamos a desenvolver o proxecto #unfogarpara… en favor da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, coa axuda do Proxecto Bana de Luís Abel Taboada. O proxecto consiste en coñecer a realidade do abandono de animais domésticos en Galicia. O obxectivo é que o noso alumnado se sensibilice con esta realidade e se comprometa a realizar algunha acción para contribuir a paliala.