Proxecto Bana en primeiro de Primaria

A mañá do 16 de decembro as nenas e nenos de primeiro de Primaria tiveron a oportunidade de participar no Proxecto Bana, que creou Luis Abel Taboada, Fus. A través da historia: É o Nadal unha gran mentira?, os alumnos puideron traballar as emocións básicas. Despois de ler o conto realizaron unha serie de actividades que lles axudaron a identificar estas emocións.