Premios Escola de Prensa El Progreso

[vc_row][vc_column][vc_column_text]O pasado 19 de xuño o alumnado de 6º de Educación Primaria do Colegio Plurilingüe PP. Franciscanos de Lugo recolleron varios premios na entrega celebrada nas instalacións do emblemático periódico lucense.

Despois de varios meses de traballo elaborando e creando un periódico en ámbalas dúas clases; un deles en galego e outro en castelán. Na súa labor de reporteiros e redactores os nenos e nenas crearon unha selección de noticias abarcando as diferentes seccións dun periódico: local, provincial, autonómica, nacional, internacional, el tiempo, deportes o la cartelera del cine.

Como recompensa a este traballo o periódico da cidade El Progreso premiou o noso colexio con dous galardóns: o de Mellor Selección de novas por artigos como “Unha gota por Níxer”, a entrevista a Jorge Coira e Tito Margaride ou a Tamara Cao polo seu traballo en Neurociruxía. Así mesmo a clase de 6ºB obtivo o premio á Mellor Portada.

 

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_gallery interval=”3″ images=”7405,7406,7407,7408,7409,7411″ img_size=”full”][/vc_column][/vc_row]