O “mellor profesor do mundo” é un franciscano da Kenia rural

[vc_row][vc_column][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]El non se pon méritos e asegura que todo é “grazas a Deus”.

O irmán Peter forma parte da orde fundada por San Francisco de Asís no século XIII. Vive en Kenia e traballa nun colexio de Nakuru, un pobo afastado do Val do Rift, no suroeste do país. O relixioso gañou o premio The Global Teacher Prize, da Varkey Foundation. O irmán Tabichi ensina  na escola secundaria Keriko Mixed Day en Pwani Village, onde o 95% dos seus estudantes viven na pobreza e o 30% son orfos ou de familias monoparentais. Ata o seu pequeno soldo entrégallo aos seus estudantes. Grazas ao esforzo deste frade franciscano os alumnos do seu colexio pasaron de 200 a 480 desde 2015. Peter axuda aos seus estudantes para deseñar proxectos de investigación e o 60% dos seus alumnos clasificáronse no 2018 para a Feira de Ciencias e Enxeñería de Kenia. É o resultado da creación dun Clube de ciencias.  A labor de Tabichi vai máis aló da aula e inclúe ensinar aos estudantes métodos alternativos de cultivo para abordar a inseguridade alimentaria na rexión, onde a fame é habitual. Así mesmo, o mestre impulsou a creación dun Clube da paz que anima aos estudantes para debater e plantar árbores xuntos, co obxectivo de asegurar a convivencia entre os máis de sete grupos étnicos presentes na escola, especialmente tras a violencia postelectoral que seguiu ás eleccións do 2007 en Kenia.

“Estou inmensamente orgulloso dos meus estudantes”, engadía, e iso aínda que “carecemos das instalacións que moitas escolas dan por básicas”. O presidente de Kenia, Uhuru Kenyatta, dixo nunha declaración que a historia do irmán Tabichi era “a historia de África” e unha esperanza para as xeracións futuras.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_single_image image=”7710″ img_size=”full”][/vc_column][/vc_row]