Feliz Pascua de Resurrección

“Resoa a voz da Igrexa: “Resucitou de verdade o meu amor e a miña esperanza!”. Este é outro contaxio, que se transmite de corazón a corazón, porque todo corazón humano espera esta Boa Nova. Neste tempo de pandemia as palabras que queremos escoitar non son indiferenza, egoísmo, división e esquecemento. A nosa aposta ou é pola vida, pola resurrección dos pobos ou será polo deus diñeiro: volver á tumba da fame, da escravitude, das guerras, das fábricas de armas, dos nenos sen educación”. 

Papa Francisco na Pascua de 2020