Día da Paz Intercolexial

Escolas Católicas de Lugo organizou o pasado día 30 de xaneiro a celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Os actos estiveron coordinados polo equipo de pastoral do Colexio Pais Franciscanos. Participou o alumnado de 1 da ESO e foi presidido polo bispo Monseñor Carrasco Rouco. Por mor da choiva as actividades desenvolvéronse no pavillón do Seminario Diocesano.