Celebración do 50 aniversario cos antigos alumnos e profesores

[vc_row][vc_column][vc_column_text]

A comunidade educativa celebrou onte o 50 aniversario do colexio Franciscanos de Lugo (1969-2019). Unhas 200 persoas participaron na xornada. O día comezou cunha homenaxe do profesorado ao director Juan Manuel Bujan, pola súa xubilación. De seguido tivo lugar unha mesa redonda na que varios antigos alumnos e profesores contaron as súas experiencias no colexio. A continuación, inaugurouse unha exposición de fotos e vídeos no claustro sobre estes 50 anos de andaina; para continuar cunha misa de acción de grazas na que se lembrou a entrega dos directores, profesores, persoal de servizo, pais e alumnos dende a fundación do centro. Finalmente, celebrouse unha comida de fraternidade no patio do colexio. Neste día festivo estiveron presentes os presidentes da ANPA dende a súa fundación, que entregaron ao Ministro Provincial e Director Juan Manuel Bujan unha placa conmemorativa.

Como remate da xornada, o colexio obsequiou aos participantes cunha libreta conmemorativa do 50 aniversario. Tamén destacou a aceptación que tivo a camiseta conmemorativa do aniversario elaborada pola ANPA e realizada a partir da medalla conmemorativa deseñada por Sargadelos.