PRAZOS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 22/23

    1. Renuncia á solicitude de reserva de praza nun centro de adscrición: ata o 28 de febreiro de 2022.
    2. Presentación de solicitudes ordinarias de admisión: do 1 ao 21 de marzo ambos incluídos.
    3. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión do baremo: do 24 de marzo ao 6 de abril de 2022 (10 días hábiles, contados a partires dos dous seguintes ao remate do prazo de presentación das solicitudes).
    4. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril de 2022.
    5. Publicación das listaxes definitivas: antes do 15 de maio de 2022.
    6. Prazos de formalización de matrícula:
      1. Do 20 de xuño ao 30 de xuño de 2022 para Infantil e Primaria.
      2. Do 25 de xuño ao 11 de xullo de 2022 para ESO.
      3. Prazo extraordinario para ESO do 1 ao 10 de setembro de 2022.

As instancias presentadas entre o 22 de marzo de 2022 e o 25 de abril de 2022, ambos incluídos, serán consideradas solicitudes FÓRA DE PRAZO.

Información complementaria:

    1. Só se pode presentar unha única solicitude no centro de primeira opción, baixo advertencia de que se pode perder a prioridade.
    2. O alumnado que presente solicitude noutro centro deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe.
    3. O alumnado con reserva de praza nun centro deberá comunicar a renuncia á reserva se presenta solicitude de admisión noutro centro.

Solicitudes de admisión:

    1. O modelo de solicitude é o ED550B, ANEXO II E ANEXO II BIS.
    2. Pódese presentar de forma presencial no centro ou directamente a través da aplicación “admisiónalumnado”.
    3. A solicitude na sede electrónica ten asignado o código ED550B.