Vida sa en 1º de Primaria

O alumnado de 1º de Educación Primaria recibiron a visita de María e Kristel, fisioterapeuta e nutricionista. Esta visita realízase para completar a unidade que están a traballar en Ciencias Naturais: Viva a vida sa.

María explicoulles a importancia do exercicio e da súa repercusión na nosa saúde e felicidade. Kristel centrouse na alimentación, con recomendacións moi interesantes para facer as cinco comidas do día dun xeito equilibrado.