Retrincos de cores contra o coranovirus

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia achégannos un material que elaboraron orientado a abordar desde as familias e coidadores/as esta emerxencia sanitaria cos nenos e nenas, especialmente de Educación Infantil e Educación Primaria. 

Trátase do caderno “Retrincos de cores”, que constitúe unha ferramenta útil para que os nenos e nenas se expresen desde o debuxo, a través da conversa coas súas propias familias. Recolle uns exemplos, unhas propostas de actividades e remata cuns consellos útiles para xestionar este complicado momento cos cativos e cativas.