Pezas

Nos próximos días, e cando os organizadores do concurso os vaian subindo, publicaremos as curtas premiadas no Certame dos Rec. Curta.
Hoxe compartimos “Pezas”, curtametraxe premiado co Premio á Mellor Película. Esperamos que vos guste!

Sinopse: Jorge é un rapaz de 14 anos que sempre viviu unha vida diferente ó resto. Poucas persoas cren as súas historias e unha delas é a súa irmá.
Ó longo dunha viaxe onde a imaxinación e as personaxes dos contos farán acto de presencia, Jorge cóntalle a súa irmá que a vida non son máis que pezas dun xigante puzzle que forma as nosas vidas, e malia que non todas esas pezas poden ser fermosas, nunca é tarde para comezar de novo.