Obra de Teatro Fin de Curso

O xoves 21 de xuño o grupo de teatro formado por Marcos, Tania, Gema, Inés, Sofía, Natalia e Michi guiados polos mestres Pallín e Asun representaron a obra durante os Festivais de fin de curso.

Despois de meses de traballo, esforzo e ensaios obsequiáronnos cunha fermosa función. Longa vida ao teatro!