O equipo da biblioteca recoméndanos as seguintes lecturas

Abrimos as portas da nosa biblioteca un novo curso e como todos os anos as editoriais fannos chegar as súas novidades tanto en galego coma en castelán. Seguramente vos poden resultar atractivas. Na sección de novela xuvenil contamos con interesantísimas propostas como: La  chica de azul ou Mar profundo e unha colección de novelas de misterio El joven poe. Para os máis miúdos títulos como La segunda piedra más rara del mundo e Una lavadora en Saturno…etc entre outras moitas.

Dende aquí convidámosvos a visitarnos durante o recreo e botarlle unha ollada ás novidades. Se algo vos interesa, lembrade que  o podedes levar en préstamo para lelo con calma na casa.

O equipo de apoio á biblioteca 📚