INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019/2020

[vc_row][vc_column][vc_single_image image=”6540″ img_size=”full”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2019/2020

SOLICITUDE DE ADMISIÓN(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 1 ao 15 de febreiro)
  1. Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.
  2. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 25 de marzo ao 5 de abril, ambos os dous incluídos.
  3. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
  4. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
  5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
  6. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
MATRÍCULA
  1. Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 1 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil).
  2. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
  3. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano: No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.

No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, antes do 1 de marzo.

As entregas da documentación pódense realizar:

  1. Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo II (modelo ED550B), que pode recoller gratuitamente no centro ou descargar dende a páxina web da Consellería.
  2. Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)

Ligazón (galego):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.pdf

Enlace (castellano):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_es.pdf

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

Ligazón (galego):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

Enlace (castellano):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orden_de_12_de_marzo_de_2013_castelan.pdf

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG 1 de febreiro de 2017)

Ligazón (galego):

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

Enlace (castellano):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_es.pdf

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

(PÓDENSE CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]