Graduación Infantil

Parece que foi onte cando as nenas e nenos do último curso de Educación Infantil chegaron con tres anos ao seu primeiro día de clase. Despois destes tres anos de moito aprender e facer moitos amigos comezan unha nova etapa en Educación Primaria. Unha cousa está clara, eles e elas saben cal é o mellor cole do mundo!