Os alumnos de 1º EP están a estudar a Historia na materia de Ciencias Sociais e algúns dos obxectivos que preténdense acadar nesta unidade son comprender a importancia que teñen os museos e valorar a importancia do coidado do noso patrimonio histórico e cultural, …
Na mañá do 14 de marzo visitaron o Museo provincial de Lugo onde puideron coñecer de primeira man como se traballa nun museo, as persoas que traballan nel e as diferentes exposicións que teñen alí agora mesmo.
Os nenos analizaron a evolución dos reloxos, comezando polos de Sol, arena, e chegando ata os de hoxe en día. Tamén lles ensinaron o proceso de restauración dun cadro ou dunha escultura e fixeron moitas moitas preguntas!
Unha experiencia marabillosa!