Agradecementos de 4º da ESO polo apoio recibido na venda de caraveis

Un ano máis, os de 4º da ESO realizaron a tradicional venda de caraveis co gallo da festividade de San Valentín.

Igual que en cursos anteriores, esta actividade lévase a cabo coa finalidade de recadar fondos para celebrar a ansiada graduación dos alumnos do último curso.

Dende estas liñas os alumnos e titores de cuarto da ESO queremos facervos chegar o noso sincero agradecemento a todos os que dun xeito ou outro contribuistes ao éxito desta edición: familias, profesores, alumnos, a deseñadora do cartel, a nosa alumna Galir, e tamén o proveedor dos caraveis, persoal de servizos etc … A todos eles, moitas grazas.