Parabéns a Jandro Pallares polos éxitos acadados no Campionato de España de Bailes Caribeños 2022

O sábado , 25 de Xuño, a Federación Española de Baile Deportivo, celebrou na cidade de Narón o Campionato de España de bailes Caribeños 2022.
 
Jandro Pallares Ferreiro, mestre e monitor no noso Colexio, logo dunha longa mañá de competición conseguiu dous ouros nas modalidades de Bachata individual e Salsa individual ademais de coroarse, xunto coa súa parella, Yolanda Rufino, como CAMPIÓNS DE ESPAÑA de Bailes Caribeños 2022, na categoria absoluta.

 

Con esta, Jandro suma o seu quinto campionato de España, na máxima categoria do baile deportivo Español.