[vc_row][vc_column width=”1/2″][vc_column_text]Baixo o lema de Protagonistas da Paz, como cada ano, o colexio celebrou a conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz. Vivimos nun mundo no que a violencia está presente no día a día, e a escola é o lugar máis axeitado para traballar unha educación que poña no centro das nosas vidas a dignidade das persoas, e axudar a que as relacións entre os pobos se baseen na fraternidade e no amor, así como coñecer o exemplo de Martin Luther King, Malala, César Chávez, etc., e tantas mulleres e homes que ao longo da historia fixeron da non violencia unha forma de vida para acadar un mundo mellor.
[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=”1/2″][vc_single_image image=”7208″ img_size=”medium”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_video link=”https://youtu.be/bJkxoM6Eop0″ el_aspect=”43″ align=”center”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=”1/2″][vc_column_text]Ademais, tamén participamos, cos alumnos de 2º ESO, no Día Intercolexial da Paz, celebrado na igrexa de San Antonio de Pádua, onde puidemos compartir unha xornada de traballo en equipo e cooperación na procura dun obxectivo común como é a non violencia, e que rematamos coloreando unha obra artística universal e cun significado tan relacionado coa paz como o Guernica de Pablo Picasso.
[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=”1/2″][vc_gallery interval=”5″ images=”7214,7215,7216,7217″ img_size=”medium”][/vc_column][/vc_row]