[vc_row][vc_column][vc_column_text]Os alumnos de 5º de Primaria do noso colexio recibiron aos alumnos de 5º do colexio da Coruña. A convivencia tivo lugar o día 20 de abil baixo o lema “Ser franciscano”. Despois dunha oración de benvida, os alumn@s realizamos xogos e dinámicas de presentación e reflexión sobre os valores franciscanos. A continuación percorremos o tramo urbano do Camiño Primitivo, pasando pola Catedral de Lugo e finalizándoo na Ponte Romana. Despois de comer no Parque do Miño, tivemos un tempo de xogo libre, finalmente despedímonos ata o próximo curso.
Pola súa banda, os alumnos de 6º desprazámonos ata Coruña o mesmo día, 20 de abril. A xornada centrouse na capacidade da escoita, o lema foi “Como andas de oído?”. Comezamos cunha oración na igrexa. No patio do colexio desenvolveuse unha olimpíada onde o importante era exercitar a escoita activa. A continuación realizamos a visita ao monte San Pedro e á Torre de Hércules, que nos deu lugar a convivir e celebrar que somos franciscanos con alegría.
O sentido destas convivencias é que os alumnos e profesores dos dous colexios franciscanos de Galicia nos coñezamos. Así practicamos a fraternidade e a acollida aos demáis.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_single_image image=”7326″ img_size=”full”][/vc_column][/vc_row]