Celebración de San Francisco

No día de onte, 4 de outubro, celebramos a festa do noso padroeiro San Francisco de Asís. Trátase tamén do Santo patrón da ecoloxía, dos animais e dos veterinarios. Que todos teñamos ese coidado da Nai Terra coma el! Felicidades e grazas aos que nos visitaron neste día: o noso bispo Don Alfonso e o misioneiro Comboniano Padre Daniel. Paz e Ben para todas e todos.