Baby basket

O pasado sábado, 29 de febreiro, tivo lugar no pavillón de Frigsa o segundo Baby Basket da tempada organizada polo noso colexio. Contou coa presenza de equipos de Maristas, Salesianas, Estudantes, Ensino, Galén e Rosalía de Castro. Grazas a todos os participantes e ao Concello, representado na entrega de trofeos por Miguel Fernández, Concelleiro de Deportes.