Seguimos compartindo as curtametraxes premiadas nos Rec. Curta. Neste caso presentamos A Flor de Breogán, que recibiu o galardón de Mellor Guión. Agardamos que vos guste!
No ano 2025 produciuse o que a historia denominou como “O Acontecemento”. As fábricas, a contaminación, tódolos avisos que ignoramos durante anos finalmente ocorreron. As cidades arrasadas, o nivel dos océanos subiu e o aire é irrespirable. O toque de queda dende as cinco non se poden utilizar materiais prohibidos como as bolsas de plástico.
A UACC, a Unidade de Afectados polo Cambio Climático, encágase de vixiar que ninguén incumpra as normas pero a cada paso desta poderosa sede desaparecen rapaces.
María, Mel, Sofía, Pilar, Miguel e Manuel veranse obrigados a enfrentarse a UACC cando un misterioso obxecto aparece na casa de María.