A ANPA celebra a súa festa

O pasado venres tivo lugar a celebración da festa da ANPA, foi un bonito momento para compartir a alegría de reencontrarnos despois das vacacións. As nenas e nenos gozaron dunha xornada de xogos, coa gran novidade do canón de escuma. Moitas grazas e parabéns a todos os organizadores.