[vc_row][vc_column][vc_column_text]Na actualidade, só o 15% das escolas rurais en Níxer teñen auga potable, un ben de primeira necesidade. Por este motivo, e en colaboración con UNICEF, este ano a nosa escola desenvolverá unha Carreira de Solidariedade para recadar diñeiro e levar auga a 50 escolas máis.
O 18 de abril, durante o horario escolar a partir das 12:00 h, todos os alumnos da 1ª E.P. a 1º E.S. correrán ao longo da Muralla Romana de Lugo facendo relevos segundo a idade; en todo momento haberá profesores con elas e eles.
Todos os nenos e nenas terán un bastón e unha pulseira para correr e, se o desexan, poderán achegar a contribución financieira que consideren á escola; todo o diñeiro recadado irá enteiramente para levar auga potable ás escolas rurais en Níxer.[/vc_column_text][vc_single_image image=”7294″ img_size=”full”][/vc_column][/vc_row]