Unha visita especial: #CoidemosLugo

Hoxe tivemos a visita de #coidemoslugo; unha iniciativa apadriñada por Guido álvarez e Salva Arco que nos conciencia a todxs da importancia de coidar o medio ambiente. Esta actividade é o comezo do Concurso Literario deste ano. Grazas a Ana, Teresa e Guido por darnos ideas para crear relatos marabillosos sobre a nosa contorna máis próxima e os retos medioambientais da nosa cidade.